Bueno después de casi un mes sin actividad debido al retraso de la fecha de finalización y del alto nivel de saturación que todos tendremos entre el chollo, TFM y demás menesteres de nuestra agitada vida cotidiana, voy a retomar el blog a ver si alguien se anima a seguir subiendo información y completando el “resumen” de la pestaña de Estrategia Red de Reservas que un buen día empezamos.
Voy a subir aquí una carta que pasó por nuestros emails hace un tiempo enviada por Seve y que quiero postear desde entonces. Es una carta enviada desde al cofradía de Lira a la Consellería del Mar por motivo de la retirada del sistema de vigilancia de la reserva.
Estimada Sra Conselleira do Mar,
Quero expresarlle a miña preocupación pola situación que se aveciña en relación coa Reserva Mariña de Interese Pesqueiro » Os Miñarzos» de Lira e Ría de Cedeira. Estas reservas naceron có obxectivo de protexer e favorecer a rexeneración dos recursos pesqueiros, de impulsar a pesca e o desenvolvemento sostible e de conservar a flora e a fauna do medio mariño e a súa diversidade. De feito, estas reservas mariñas de interese pesqueiro foron noticia en todo o mundo. Os propios pescadores foron os impulsores da súa creación, os que reivindicaron o seu traballo e os seus produtos e os que crearon numerosos proxectos pioneiros en España como o de ofrecer pescado e marisco de consumo responsable a toda a Península e Baleares a través da Fundación Lonxanet. Pero souben que o día 17 de marzo finalizará o contrato do servizo de vixianza da reserva mariña Os Miñarzos e Ría de Cedeira, e as confrarías de pescadores expresaron a súa preocupación porque, de momento, non teñen constancia de que exista unha alternativa. Ao parecer, a Consellería de Pesca decidiu non renovar o contrato coa empresa que se encarga de vixiar as reservas debido ao elevado custo do servizo.
Considero que de non se renovar, se poñerá en perigo o traballo e os esforzos realizados nos últimos anos. Abonda un período de tempo curto sen vixilancia para que este esgotamento se produza.
Por este motivo, pregamos á Xunta que busque outras estratexias e medidas para a vixilancia da reserva mariña de interese pesqueiro, non só para protexer o gran valor ecolóxico que posúen, senón o interese de tantos pescadores artesanais que despois de sufrir a marea negra do Prestige, souberon reinventarse, unirse e traballar duro para escapar da crise pesqueira que afrontaba o sector.
Por todo iso pídolle urxentemente que restitúa o sistema de vixianza das Reservas Pesqueiras mencionadas, para evitalo furtivismo e permitir que perdure un exemplo de coxestión que tan bós resultados está a dar.
No sé también va a pasar lo mismo en Cedeira ni cuánto presupuesto se destina o destinaba, aunque soy consciente de que bastante, quizás demasiado, se ve que la Xunta está haciendo recortes excesivos para todo y para todos menos para sus propios bolsillos.
Camilo sp.